Friday 29 de March de 2024

O Cirkote de Kote Malabar anima o Verán Lúdico de Touro e despide o mes de xullo


Os nenos e nenas do Verán Lúdico de Touro despediron o mes de xullo co Cirkote de Kote Malabar. A rapazada participante no Verán Lúdico, a actividade organizada polo Concello de Touro durante os meses de vacacións de verán para o lecer e a conciliación, achegouse ás pistas de deportes da zona de servizos de Touro, xunto á Praza do Luar, para desfrutar da función de Kote Malabar e o seu Cirkote. A función, de uns 50 minutos, fixo as ledicias dos máis pequenos. Sorriron coas ocorrencias do malabarista e riron coas súas bromas. O espectáculo combinou circo, clown e teatro cómico e de participación. O Verán Lúdico continuará no Concello de Touro ata o día 31 de agosto, ainda que con menos participantes que durante xullo. Entre as actividades programadas están os obradoiros lúdico-formativos e tamén os xogos de auga. O Verán Lúdico aplica o protocolo da Covid19 recomendado polas autoridades sanitarias para este tipo de actividades.